III Foro de Emprego Universidade de Santiago de Compostela
O teu Futuro Emprego ao alcance da man

Os próximos días 24, 25 e 26 de novembro, celebrarase o III Foro de Emprego Universidade de Santiago de Compostela.

Este ano, o Foro desenvolverase en 2 Campus diferentes: 24 e 25 de novembro na Facultade de CC. Económicas e Empresariais do Campus Norte de Santiago de Compostela e o día 26 de novembro na Facultade de Administración e Dirección de Empresas do campus de Lugo.

Durante tres días, o Foro acollerá a empresas e entidades de diversos campos, destinadas principalmente a fomentar o emprego e o achegamento das empresas a estudantes de últimos cursos e recén licenciados. Tamén poderás asistir ás presentacións que realizan as empresas e gañar magníficos premios.

Algunhas das empresas cambiarán dun día para outro, polo que che recomendamos que consultes na web cáles son as que mais che poden interesar.

O horario do foro será de 11.00 a 18.00h.

O Foro non se reduce tan só a stands presenciais, senón que tamén se organizan presentacións de empresas e outras actividades (pendentes de confirmar).

Á túa chegada, achégate ao stand de información e pide aos nosos voluntarios que che dean a guía oficial de empresas do foro, onde atoparás toda a información das empresas e entidades participantes.

E non te esquezas de deixar o teu CV a través desta web Todas as empresas participantes poderán acceder ao teu perfil e poñerse en contacto contigo.

 

Powered by imaste-ips